xoves, 20 de febreiro de 2014

Queremos Anova, por iso queremos Fronte Ampla

QUEREMOS ANOVA
POR ISO QUEREMOS FRONTE AMPLA

No proceso de decisión en referendo sobre a participación de ANOVA nas Eleccións Europeas, as compañeiras e compañeiros militantes que subscribimos isto queremos facer chegar as nosas razón e os nosos argumentos que nos leva a PEDIR O VOTO PARA A OPCIÓN 2

2) Que Anova conforme unha coalición con forzas políticas da esquerda nacionalista das nacións sen estado e/ou plataformas cívico-políticas de esquerda e rupturistas.

Lembramos que apoiar esta opción garante que o conxunto da militancia decidirá aínda en referendo sobre a formula definitiva de concorrencia ás eleccións.

POR QUE?

Porque é a posición máis congruente cos acordos asemblearios de constitución de ANOVA, así como a máis compatíbel coa Fronte Ampla non excluínte.

Porque a escolla por ir integrados na candidatura da esquerda federalista que representa IU, a cambio dun posto de saída seguro, é a opción máis afastada dos nosos principios e modelo organizativo de partido-movimento e impedirá a consolidación de ANOVA como a organización da esquerda nacionalista do S.XXI e para os vindeiros 30 anos que proclamamos cando nos constituímos.

Porque Esquerda Unida non aceptou reeditar AGE como candidatura exclusivamente galega para non ir en competencia con IU.

Porque a escolla de aceptar a proposta de IU pecha a porta ás novas organizacións e plataformas que semellan compartir valores con Anova, e é incompatíbel co noso proxecto estratéxico.

Porque acumular forzas para unha ruptura democrática require practicar a inclusión e a cooperación entre o maior número de formacións partidarias e cívico-políticas para propiciar ese avanzo futuro da cidadanía.

Porque cremos que se deben seguir tecendo vencellos entre todas as forzas da esquerda, nacionalista ou non, en Galiza que poidan dar no futuro, canto máis inmediato mellor, entendementos que permitan afrontar a grave situación do País en mans da dereita máis diabólica que está executando os plans da oligarquía financeira en contra da maioría social, e para iso é preciso unha ANOVA consolidada.

Porque a opción 2 permite a interlocución con todas as forzas nacionalistas e da
esquerda rupturista do Estado que aínda están interesadas na formación dunha Fronte Ampla xunto ás novas expresións cívicas e cidadáns que están a agromar na sociedade.

Ao tempo que teríamos unha presenza no Parlamento Europeo sen renunciar ao noso proxecto político e ao que ANOVA representa para o futuro de Galiza. En ningún caso esta opción interfire no acordo de lexislatura autonómica da coalición AGE que está blindada por acordo das catro forzas que a integran.

POR TODO ISTO PEDÍMOSVOS O VOTO PARA A OPCIÓN 2

Persoas de Anova que subscribimos o texto "Queremos Anova, queremos Fronte Ampla"

As persoas asinantes animamos á militancia de Anova a participar no referendo e apoiar a opción 2.


ÁLVAREZ BUGALLO, XOSÉ (Chantada)

AMOEDO BARROS, HELENA (Redondela)
ARAÚJO QUINTAS, XOSÉ ANTONIO (Gondomar)
BARRIOS RODRÍGUEZ, XOSÉ MIGUEL (Ourense)
CASAR DÍAZ, MARÍA (Sarria)
CHARLÍN TRIGO, XURXO (Cambados)
DÍAZ CARRODÉGUAS, MÓNICA (A Coruña)
DÍAZ FREIJE, JORGE (Ribadeo)
ESCOBERO CELA, PABLO (Ponteareas)
EYRÉ DIÉGUEZ, LUIS (Chantada)
FENTE PARADA, ANTOM (Chantada)
FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, TRANSITO (Vigo)
FERNÁNDEZ RODRÍGUEZ, MÓNICA (Fene)
FIGUEIRAS ALBILARES, OSCAR (Ames)
GARRIDO BLANCO, VANESA (Folgoso do Courel)
GONÇALES BLASCO, LUIS (Ames)
IGLESIAS OVIEDO, XABIER (Cambre)
LÓPEZ PIÑEIRO, XESUS (Pontedeume)
LÓPEZ RICO, MARIO (A Coruña)
LÓPEZ VERDINI, RAMÓN (A Coruña)
MALVIDO CABIRTO, MIGUEL ANXO (Vigo)
MARTÍNEZ LEIRO, XOSÉ DIEGO (Narón)
MARTÍNEZ GARCÍA, CONSUELO (Vigo)
MÉIXOME QUINTEIRO, CARLOS (Gondomar)
MOURIÑO ALFONSO, RAMÓN (Ribadumia)
OGANDO MUÑIZ, LAURA (Bueu)
PARCERO RODRÍGUEZ, ENRIQUE (Vigo)
PAZO BLANCO, XOSÉ MANUEL (Ferrol)
PÉREZ CAMPOS, MANUEL (Xinzo de Limia)
PÉREZ FERNÁNDEZ, HELENA (Vigo)
PÉREZ RODAL, XURXO (Cangas)
PÉREZ SARDIÑA, XOSÉ MANUEL (Cabanas)
PIÑEIRO DÍAZ, ILDEFONSO (Chantada)
PRIETO LEDO, MARGARIDA (Vilalba)
ROCA CONSTENLA, FRANCISCO (Vilalba)
RODRÍGUEZ BLANCO, EMMA (Monforte)
RODRÍGUEZ VIDAL, HÉCTOR (Vigo)
RUBIANES NOGUEIRA, BERNARDA (Vilagarcía de Arousa)
SANJORGE SOAGE, FITA (Marín)
TABOADA SUÁREZ, XOSÉ MANUEL (A Coruña)
TILVE CASTELO, LAURA (Sada)
TOBA GIRÓN, XABIER (Vigo)
TRIGO DURÁN, FRANCISCO (Cambados)
TRIGO PORTELA, CONCEPCIÓN (Moaña)
VÁZQUEZ VERAO, PAULA (Sober)
VIDAL LAÍÑO, XOSE LUIS (Pontevedra)